Asdegal organiza un concierto benéfico para axudar a persoas en risco de exclusión

No concerto, de música coral, interpretaranse cancións como: “Stand by me”; “Because” y “Yesterday”, de John Lennon & Paul McCartney; “El sitio de mi recreo”, de Antonio Vega; “Pero a tu lado”, de los Secretos o “Thriller”, popularizado por Michael Jackson.

A entrada custa 7 euros, destinados ao mantemento dos programas de axuda a menores e maiores en risco de exclusión social.

A ONG Acción Solidaria de Galicia (ASDEGAL) organiza un concerto benéfico cuxa recadación será integramente destinada ao mantemento dos programas dedicados a axudar a persoas en risco de exclusión social. O evento celebrarase o día 17 de xuño no cinema Salesianos de Vigo, ás 20.30h. As entradas custarán 7 euros e pódense comprar unha hora antes na taquilla ou na sede da ONG (C/García Barbón, nº 41/1ºB), tamén se pode participar na FILA CERO.

No concerto soarán cancións como Stand by me; Hallelujah, Leonard Cohen; Because, Yesterday y Michelle, John Lennon & Paul McCartney; El sitio de mi recreo, Antonio Vega; Pero a tu lado, los Secretos; Only you, The Platters; Ramalama, The Edsels o Thriller, popularizado por Michael Jackson.

A interpretación correrá a cargo de dúas corais de recoñecido prestixio e traxectoria como Gli Appassionati e O Coro as Acacias e Montecastelo, que participan de modo altruísta doando o seu talento e o seu tempo aos que máis o necesitan.

Acción Solidaria de Galicia é unha ONG que naceu en 2015 en Vigo e que actualmente está presente en 5 cidades galegas. ASDEGAL aposta pola transparencia e conta con diferentes programas de axuda e campañas puntuais que se poden consular na nesta web.

Comparte as túas raíces IV, Lembranzas de Castelao

Compre ter en conta que este ano o Concerto Benéfico de ASDEGAL, cumpre a súa cuarta edición, e terá unha lembranza especial á figura de Castelao, por estar este ano adicado ao noso ilustre escritor, ao estar adscrito á convocatoria do Ano de Castelao da Deputación de Pontevedra.